Observaciones |
|
|
O teatro sobre rodas do famoso prestidixitador recala o domingo, 21 de novembro, na Praza da II República para ofrecer un total de cinco funcións de “Mil maxias máis” ao longo de toda a xornada.
As palabras e a lingua galega son o leit motiv dos números que farán as delicias do público. A asistencia é de balde e o aforo de 60 persoas por sesión.
Haberá funcións ás 12:00, 13:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. A actividade formas parte da programación do programa FalaRedes de promoción e dinamización da lingua galega. |