Observaciones |
|
|
Arranca a primeira tempada da Sociedade Filarmónica de Vilagarcía cun concerto de cámara excepcional, un recital de violín e piano a cargo da violinista Mayu Kishima e a pianista Suzana Bartal. O concerto, que terá o interese engadido de ser o primeiro que Mayu realice en Europa despois do flamante éxito obtido este setembro coa consecución do Primeiro Premio no prestixioso Shanghai Isaac Stern Violin Competition (China) terá un programa eclético conformado por obras de Mozart, Franck e Ravel.
Mayu Kishima, que xa destacara moi xove polas súas exitosas xiras e concertos co lexendario mestre M. Rostropovich é unha das violinistas asiáticas máis consolidadas no panorama internacional, realizando concertos con orquestras como London Synphony, Radio Frankfurt, NHK Tokio, Santa Cecilia de Roma ou música de cámara con artistas como Marta Argerich ou Natalia Gutman.
Suzana Bartal é una das máis exquisitas pianistas de cámara europeas habitual colaboradora en recitáis con grandes intérpretes en diversos festivais en Francia, Inglaterra, Estados Unidos, etc… |