A compañía internacional Cía Vaya interpreta o reencontro dunha familia de pallasos, a familia BOOM, a través do humor e o mellor circo. Un espectáculo vertical onde a amizade, a confianza e a tolemia son os piares para executar as acrobacias grupais máis delirantes.