11:30 – Praza da II República Festaclown – Superroquiños Espectáculo: Cartoons Compañía: Mofa e Befa Dous tipos (Víctor Mosqueira e o vilagarcián Josito Porto) abandonados nas marxes. Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala.
Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.
13:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Os Trasnos de Guillán.
19:30 – Praza da II República Festaclown - 1ª Sesión Espectáculo: O Parrulo Feo Compañía: N +1 Ser diferente aos demais non debe avergoñar a ninguén, o importante é como xestionar esas diferenzas para afrontar o futuro. O PARRULO FEO, torpe e caótico, amosa mediante as técnicas do slapstik (golpes, caídas, acrobacia excéntrica...), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, un personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as súas debilidades se transforman nas súas fortalezas.
Non importa nacer nun curral de patos sempre que atopes un camiño para que o cisne saia á luz.
20:30 - Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Garandoiro
21:00 – Praza de Galicia Concertos Son da Casa Sanjurjo & Dopico Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra), dous músicos cun longo percorrido na música galega, unen forzas neste novo proxecto no que fan un percorrido polos cantares dos seus anteriores grupos e outros que forman parte da historia da música galega (Batallán, Manuel María...). Ademais, no seu repertorio inclúen novas creacións e algunha que outra versión de artistas internacionais como Solas, The Bills ou Jorge Cafrune. Estes dous veteranos da música galega virán acompañados pola voz, acordeón e teclado do vilaxoanés Álvaro Cardalda. Sen reserva previa ata completar aforo
22:00 – Bamio Cine na rúa Shazam Bolly Batson, un astuto novo de 14 anos, transfórmase no superheroe Shazam, pero os seus poderes son postos a proba cando se enfronta ao mal Duración: 132 min. Xénero: Comedia
22:00 – Praza da II República Festaclown - 2ª Sesión Espectáculo: O Parrulo Feo Compañía: N+1 + info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal
23:30 – Parque da Xunqueira CONCERTO Brisa Fenoy
Si falamos de Brisa Fenoy, estamos falando de composicións comprometidas, producións arriscadas e unha voz moi persoal. Compositora do hit “Lo malo” e colaboradora de Operación Triunfo. Leva anos compaxinando o estudo de instrumentos tradicionais como a guitarra e o piano, cos sistemas de produción musical máis innovadores, como o seu inseparable “maschine”. A música urbana invade Vilagarcía.