Observaciones |
|
|
No transcurso da gala, acto central da Festa Local do Deporte, procederase á entrega de premios ó mellor deportista local e as mencións a clubes, persoas e empresas máis destacadas ó longo de 2018. Os cinco finalistas a recibir o Premio ao Mellor Deportista Local son Raquel Meaños (atletismo), Andrés López (triatlón), Jacobo García (vela), Pedro Muñoz (kenpo) e Jordi Aragonés (técnico de baloncesto).
Tamén se concederá unha mención de honra a título póstumo a Celestino Brianes Lojo, e as cinco mencións especiais deste ano recaen en Martina Oubiña Miser (no apartado de medios de comunicación), Conservas Garavill (empresa), ADC EncestaRías (eventos), Sandra Estrada Fernández (Técnico deportivo), José Ramón Santorum Canto (persoa-directivo) e ao Club Atlético Arousana (traxectoria). |