Observaciones |
|
|
O festival Urban VGA pega o salto ó panorama internacional coa incorporación de grupos de renome nos circuítos internacionais. Un dos máis salientables son os neoiorquinos Dee7. A eles súmase ó mellor que existe na actualidade no panorama galego, como Malandrómena e, como sempre, haberá representación do hip hop e o rap da bisbarra, coa presenza de grupos como 504. O cartel complétase con Lechowski, Flowklorikos, Fanky Omar, Marcos Coll, Hip Harp e Featuring.
Froito deste completo elenco de grupos e artistas do movemento urbano, os asistentes ó Urban VGA terán a oportunidade de gozar nesta edición da combinación de distintos estilos e ritmos coa mestura de hip hop, con rap, soul e fanky.
O Urban VGA desenvolverase durante toda a xornada do venres 13 de agosto no Cavadelo. O programa de actos abrirase ás doce do mediodía, hora á que se abrirá o skate park e comezarán a exhibición de grafitt e o Urban Art. Esto último é unha feira de moda e complementos relacionados cos distintos movementos da cultura urbana, polo que nela exhibiranse e poranse á venta dende roupa e complementos de moda ata bicicletas, táboas de skate ou discos.
Á unha da tarde desenvolverase a exhibición de BMX e xa pola tarde continuarán as demostracións dos grafiteiros, de skate e haberá actuacións de Djs. No medio dos concertos, que comezarán ás 21:00 horas, desenvolverase a Batalla de Galos, todo un acontecemento onde os rapeiros da zona poderán baterse entre eles para demostrar quen improvisa mellor as súas rimas e quen se fai co título do galo do galiñeiro. |