|Anticipada en www.ataquilla.com (máis custes de xestión). De non esgotarse, o mesmo día da función no Auditorio.
Observaciones
|
FUNCIÓNS ÁS 17 E ÁS 20 HORAS
O Circo Máxico de Nadal é unha nova proposta da recoñecida compañía La Fiesta Escénica, que fará as delicias de grandes e pequenos.
Combinando teatro de actores, con música, bonecos animados e números circenses, o Circo Máxico de Nadal crea unha historia ambientada nun pequeno obradoiro de xoguetes que está a piques de pechar por falta de traballo. Sorprendentemente, as cousas comezan a cambiar a poucos minutos do peche do obradoiro, cando aparece un neno cun encargo moi especial: a construción dun xoguete de grandes dimensións nun tempo récord.