Observaciones |
|
|
A Coral Máximo Patiño de Vilaxoán inaugura mañá o programa de actos conmemorativos do seu cincuenta aniversario. A primeira das actividades previstas para este importante evento será o concerto que protagonizarán a Rondalla "Gato Negro", de Carril e a Orquestra de Acordeóns "Arousa Bay". Será no salón de actos da Confraría de Pescadores Virxe do Rosario, de Vilaxoán, a partir das 20:30 horas.
RONDALLA GATO NEGRO
Fundada en 1970, a Rondalla do Gato Negro, de Carril, leva máis de cuarenta anos interpretando un repertorio composto por habaneras, boleros, foliadas e demais composicións populares tanto galegas como españolas. Nesta ocasión, a rondalla compartirá escenario co grupo de acordeóns “Arosa Bay”, nado na Escola Municipal de Música da man do que fora o seu director, Alfonso Galbán. Cun repertorio similar, as dúas formacións interpretarán unha coñecida peza de xeito conxunta para finalizar o espectáculo.
PROGRAMA
RONDALLA GATO NEGRO La copla del rondador Vallisoletana Españolita Celoso Que viva o galego Buenos Aires Compostelana Canarias Clavelitos
ACORDEÓNS “AROSA BAY”
Muidiño-Luz divina La Bella Lola Celoso Alecrín Coimbra Que nadie sepa mi sufrir O voso galo comadre Salió de Jamaica Alma, corazón y vida La orquesta Jota gallega Sómosche de Vilaxoán
RONDALLA + ACORDEÓNS
Catro vellos mariñeiros Estudiantina portuguesa Na beira do mar Piripimpín |