Observaciones |
|
|
Soul Tellers é unha banda hispano-británica que nesta ocasión se presenta no seu formato máis reducido con tan só un pianista (Lorenzo Moyá) acompañando á gran voz de Miguel Ángel Julián.
Cun son fresco e con composicións propias, Soul Tellers é, segundo ten escrito a crítica especalizada “a única banda liderada por un español, que mantén aínda o espírito dos grandes grupos de soul dos sesenta e setenta, sen edulcorantes engadidos".
Os seus directos foron sempre apoteósicos e o seu vocalista rezuma alma e paixón polos catro costados, facendo participar da súa música ao público en calquera ocasión. Tras editar seis discos no mercado español con Cool Jearks, no ano 2003 Miguel Ángel Julián partiu rumbo a Inglaterra onde fixo os contactos necesarios para pór en funcionamento este novo proxecto. |