Observaciones |
|
|
Non hai demasiados artistas en España que conseguiran labrarse unha carreira musical a partir da súa participación en Eurovisión. Sergio Dalma é un deles. O concurso televisivo e aquel ‘Bailar pegados’ que aínda hoxe, vinte anos despois, é peza ineludible en toda verbena que se prece, foi o que o deu a coñecer a Sergio Dalma pero a partir daí foi a súa propia traxectoria, sempre coherente, e unha personalidade propia e un estilo moi recoñecible o que fixo de Sergio Dalma o artista que hoxe coñecemos. Un artista que ademais tivo o acerto e a sabiduría para pasar de ser pouco máis que un cantante melódico para adolescentes a un músico respectado por toda a escena musical deste país.
Sergio Dalma chega a Vilagarcía no marco da súa xira “Trece Tour”, a máis espectacular da súa carreira. Nestes con ertos a súa xa coñecido repertorio de éxitos Sergio Dama engadeos temas do seu novo e recente disco, editado neste 2010. Entre todos conforman un show que a crítica definiu xa como “elegante, dinámico e emocionante”.
Ao longo das dúas horas de concerto Sergio Dalma vai desgranando os seus maiores éxitos versionados de novo. Clásicos como ‘Bailar pegados’, ‘Galilea’, ‘Sólo para ti’ ou ‘Déjame olvidarte’ soan nesta xira como nunca o fixeron antes. |