Observaciones |
|
|
O Club de Remo Vilaxoán en colaboración co Concello de Vilagarcía organizan a regata de traíñas con fins solidarios e en beneficio de Cáritas Interparroquial de Arousa. A proba deportiva, que leva por título "Remar con Cáritas", celebrarase a partir das 11:30 horas no peirao de Vilaxoán e nela tomará parte unha boa representación dos clubs de remo de Galicia.
Co obxectivo de recadar fondos para Caritas véndense rifas a un euro e habilítase unha fila cero para aquelas persoas que desexen facer donativos.
Estes son, ademais da entidade anfitriona, o Neira, Tirán, Chapela, Bueu-Cangas, Amegrove, Cabo de Cruz, Rabaleira, Rianxo, Pobra e probablemente Mecos. O formato da regata será o de contrarreloxo e nela participarán tripulacións masculinas, femininas e tamén mixtas.
Durante a celebración da proba intercalaranse os sorteos, nos que se rifarán diversos lotes de productos donados por empresas e establecementos comerciais da localidade. |