Observaciones |
|
|
O Auditorio de Vilagarcía acollerá entre os meses de outubro e decembro as sete obras que compoñen o Ciclo de Outono de Teatro Galego, iniciativa que trae ó municipio vilagarciá sete das montaxes que máis premios e representacións teñen acadado neste 2010 da man das mellores compañías galegas de teatro.
A obra da compañía Ernesto Chao é a outra gran triunfadora na escena galega de 2010. Obtivo catro premios María Casares, entre eles os de Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista. A obra, baseada na novela de Alejandro Palomas, está dirixida por Rosa Álvarez e interpretada por Ernesto Chao, Belén Constenla, Xosé Barato e Rebeca Montero.
Catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, reúnese con motivo do falecemento da avoa Constanza.
Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que debulla unha historia intensa e envolvente. |