Observaciones |
|
|
Que mellor que botarse un cantecito festivo nunha noite de verán?
Pois iso é precisamente o que propón Kiko Veleno nos seus directos. A súa ampla discografía con infinidade de éxitos permítelle converter cada unha das súas actuacións nunha festa.
En Vilagarcía presentarase ademais acompañado de toda a súa banda.
En sentido estrito, Kiko Veneno non é un artista flamenco. Non pode negarse a presenza dalgúns elementos deste xénero na súa música, pero tamén os hai provenientes do rock, do pop ou do blues. En 1977 foi o fundador do grupo Veneno, que formou xunto a Rafael e Raimundo Amador, grupo imprescindible na evolución cara á fusión do flamenco con outros xéneros musicais.
Como solista, as súas letras engancharon ao público pola súa sinxeleza, pero ao mesmo tempo, estiveron sempre repletas de xogos de palabras, de humor, de ironías e de intelixencia. Compuxo un gran número de cancións para Pata Negra e para Martirio. Non pode esquecerse tampouco que é o autor de “Volando voy”, inmortalizada por Camarón de la Isla. |