Observaciones |
|
|
O grupo FLIP FLOP FIVE nace da unión de cinco músicos que traballan actualmente no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa. A súa idea básica: versionar e adaptar temas da música pop/rock, bandas sonoras, música étnica, éxitos comerciais actuais, e interpretalos en público cun formato musical orixinal e atractivo que enganche aos espectadores dende a primeira nota.
A parte de traballar xuntos, teñen en común a idea de que con instrumentos clásicos pódese abordar todo tipo de repertorio, achegar a música a todo tipo de públicos e facer de cada una das súas actuacións unha “performance” inesquecible que combine música e espectáculo. E tamén, e quizás o máis importante, unha tentación irresistible no verán, as terrazas e as chancletas (flip flops en inglés) que lle dá nome ao grupo. |