12:30 - Parque da Xunqueira “As Xeneralas do Ulla” Títeres Cachirulo [Coa colaboración do AGADIC (Consellería de Cultura e Turismo)] Personaxes e cabalos son marionetas talladas en madeira e articuladas sobre uns carros que permiten a visibilidade dos espectadores, xa que alcanzan os 2,20 metros de altura.
Contan un relato entre as cancións acompañadas de pandeiretas e gaita, unha mestra de cerimonias vai presentando unhas divertidas marionetas rigorosamente ataviadas coas vestimentas dos diferentes personaxes do entroido.
13:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo
20:30 - Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Airiños do Carril
19:00 - Parque E. Valdés Bermejo Folk no Alobre Xestiona: Pés de Barro Organiza: Concello de Vilagarcía de Arousa
Concertos Folk no Alobre:
19:00 - Abóbriga Música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e tamén con temas persoais que reflicten o aire que teñen as composicións que xa consideramos de corte tradicional. Todo elo cunha mestura de gaitas e percusión tradicional sumadas a unha base harmónica proporcionada polo acordeón e dous instrumentos máis xogando coas propias melodías, desfacéndoas e propoñendo outras novas dentro da principal. Sen esquencernos das voces, sempre con historias que contarnos. Con reserva previa en http://www.woutick.es
19:50 - Visita guiada polo Castro e Parque Enrique Valdés Bermejo con Xurxo Souto e un grupo tradicional
21:00 - Susana Seivane Seivane é un dos apelidos con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas de Galicia. Susana de nova entra en contacto con mestres gaiteiros que influenciarían grandemente o seu xeito de entender e interpretar a música tradicional galega. Non tardou moito en gañarse a admiración e o respecto do mundo da gaita en Galicia, comezando aos 10 anos a dar concertos por todos os recunchos do país.
Aos 20 anos toma contacto cos escenarios da man do mítico grupo Milladoiro como artista convidada. A partir deste momento comeza a súa andaina como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, o abre ás influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal. Unha mestura áxil e moderna que afonda a súa raizame no máis profundo da tradición galega, deixando arrolar a súa ramaxe nos ventos dos novos tempos.
22:00 – Xunqueira Cine na rúa Angry Birds 2 Secuela da película "Angry Birds" na que Red, Chuck, Bomb e o resto dos seus amigos con plumas son abordados por un porco verde que lles pide que se unan para loitar contra unha ameaza común. As aves agresivas dunha illa cuberta de xeo planean usar unha arma caseira para destruír o modo de vida das aves e os porcos. O grupo deberá infiltrarse na illa e deter o dispositivo.