Observaciones |
|
|
O Taller de Teatro Clámide, o segundo grupo afeccionado máis antigo de Galicia, celebra o seu 30 Aniversario cunha exposición fotográfica e un ciclo de representacións ao longo da semana. Sempre ás 21,00 horas, no auditorio e con acceso gratuíto:
Sábado: Gala de Aniversario. Domingo 18: Iliria Teatro representa dúas pequenas obras: “O conto do cisne”, de Chejov, e “A máis forte”, de Strindberg. Luns 19: O Noso Lar representa “O cego de Fornelos”, de Varela Buxán. Martes 20: Prixela pon en escena “Soños a gran escala”, de Alberto Dosil. Mércores 21: Escola de Teatro da Estrada interpretará “A ruleta rusa”, de Chejov. Xoves 22: A Escola de Teatro Valle-Innova presenta “Memorias da árbore da noite triste”, de Fátima Rey. Venres 23: O propio grupo Clámide sube ao escenario do auditorio para estrear unha nova obra: “Cuatro corazones con freno y marcha atrás”, de Jardiel Poncela. |