Observaciones |
|
|
representación da obra coa que Juan Mayorga, Premio Princesa de Asturias en 2022, obtivo en 2005 o Premio Nacional de Teatro e o Premio Max en 2006.
“Hamelín” É unha versión áspera do conto popular coa que o autor aborda a temática da pederastia dun xeito moi sutil, pero cheo de verdade. A montaxe da compañía Redrum Teatro conta coa dirección de Álex Sampayo e un elenco composto por Machi Salgado, Guillermo Carbajo, Laura Míguez, César Goldi, Fran Lareu, Rubén Porto e Mónica García.
Sinopse
“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelín. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelín que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.
|