Observaciones |
|
|
A Concellería de Turismo, en colaboración coas asociacións de hostaleiros (Ahituvi) e de comerciantes (Zona Aberta) organizan un ano máis unha gran festa na praia para celebrar o inicio do verán e a festividade de San Xoán. Como é tradición, a festa contará cunha gran cachada e haberá unha sardiñada popular, polo que, ademais de saltar a fogueira, os asistentes poderán degustar de balde sardiñas con pan de millo, viño e cervexa. A festa contará coa animación de varios grupos musicais. |