Observaciones |
|
|
A Festa da Solidariedade é un lugar para a promoción do voluntariado social, para o encontro, a reflexión, o intercambio de experiencias e a consolidación de propostas de voluntariado a través da posta en marcha dunha serie de actividades: mostra de voluntariado, obradoiros, formación, debates, actuacións musicais ….
Ten coma obxectivos o de mostrar os distintos modos de expresión da conciencia solidaria, promover o voluntariado como opción persoal e acción transformadora, crear espacios de reflexión, de debate acerca do presente e futuro da acción voluntaria, das iniciativas e propostas desenvolvidas, identificando e intercambiando experiencias e iniciativas sobre problemas, programas e proxectos de acción social, clarificando conceptos e evaluando resultados, sensibilizar e consolidar á sociedade nos valores de solidaridade e participación, presentar a rede asociativa de Vilagarcía, proporcionar información sobre os seus distintos programas e actividades aos potenciais voluntarios/as.
Cronograma
10.30 h Mostra de Voluntariado : exposición dos programas e actividades de distintas entidades de acción social. Mercado Solidario. Distintas entidades sen ánimo de lucro poñen á venda artesanía, produtos de comercio xusto, …. 11.00 h Inauguración. Obradoiros. 12.30 h. Actuación grupo Tricolor 14.00 h. Descanso para comer 16.00 h. Mostra de Voluntariado. Obradoiros Mercado Solidario. Distintas entidades sen ánimo de lucro poñen á venda artesanía, produtos de comercio xusto, …. 19.30 h. Actuación Xosé Curiel
Entidades participantes
Federación Galega contra o Narcotráfico / Proxecto Home / Agaresco / UDIAF Salnés / Fundación Anugis de Galicia / Cruz Vermella / Cáritas Interparroquial / Club de Leones / Liga Reumatolóxica Galega/ CCANVIHAR / CAF / AECC / AGL / AFASAL / Centro Princesa Letizia / LAR / CON ELES / BATA / Protección Civil / AGAJA / Centro Ocupacional O Saiar / Solidariedade Internacional / Oficina Municipal de Voluntariado de Padrón / Concellería de Xuventude e Solidariedade / Asociación Galega do Pobo Saharaui / Asociación Hermandad Venezolana Rías Baixas / Foro Mundial de Educación / Seminario Galego pola Paz |