Observaciones |
|
|
eatro de Ningures trae e Vilagarcía a obra escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. “0,7% Molotov” sitúase nun contexto dunha sociedade hipócrita e consumista, na que a solidariedade, o compromiso político e as conciencias comercialízanse en cómodos prazos.
A obra relata a relación entre a protagonista, unha neohippy solidaria que acaba de chegar de África e un nihilista solitario que a contrata para facer a vendima. Neste marco, a protagonista feminina namórase do vento que sobe do río e descobre un lugar no que atopar unha identidade libre de conflitos, no que ser auténtica. Pola outra banda, o personaxe masculino está de volta dunha vida urbana hipócrita, na que vendeu a conciencia e a coherencia política en cómodos prazos. Así as cousas, as uvas deste ano prometen un viño intenso, aromático, doce no padal. Pero a colleita non vai rematar. Nin as vides poden escapar das gadoupas dun capitalismo salvaxe que se expande coma o vento ata o máis afastado recuncho do mundo.
O elenco de actores compóñeno Rocío González, no papel da neohippy solidaria; Salvador del Río, como o nihilista solitario; ademais de Ana Beatriz Pérez, que interpreta a conciencia da protagonista e Armando Martén que fai da voz interior do protagonista masculino. |