 Observaciones |
|
|
Os concertos dominicais do programa Ágora Vermú, organizado pola Concellería de Cultura, trasládanse este domingo ao Piñeiriño.
Terbutalina é unha ferramenta de transmisión das verdades que os iluminados desexaban deixar aos seus adeptos. Terbutalina é o amor que disipa o odio, o camiño á luz, a fonte de sabedoría. Só ela será quen te guíe, veloz, entre os descarreirados.
Intérprete de profecías serbias, reveladora de ritmos otománs, incitadora dos bailes últimos da morte, Terbutalina presenta "Sonido Esteiro" como a conxunción divina de vida e augardente. A mellor secta musical de Europa e, probablemente, unha das mellores de Galicia. |