Observaciones |
|
|
A praia de Bamio será o epicentro do divertimento para nenos e adultos o sábado, 3 de xullo, xornada na que se desenvolverá a terceira edición do festival Festipraia. A iniciativa, que parte da asociación cultural deportiva e xuvenil Os Arenques, conta coa colaboración das concellerías de Xuventude e Cultura que apostan por este tipo de eventos co obxectivo de descentralizar a oferta lúdica deportiva e achegala a todos os veciños das diferentes parroquias.
O Festiparaia de Bamio chega este ano a súa terceira edición e conta co aval da numerosa participación coa que contaron os anteriores festivais. A pesar da súa curta existencia, esta festa na praia de Bamio estase a consolidar como unha das citas do verán máis esperadas na parroquia.
O programa: 17:00 horas: Inchables e actividades para os cativos. 20:00 horas: Actuación do clown Momo, espectáculo de carácter familiar. 21:00 horas: Concerto Myths about Panda e Bordeline. |