|Anticipada na web www.servinova.es e no tlfn: 902504500. O dái da función no Auditorio a partor das 19:00 horas
Observaciones
|
"Sons de cine" é un espectáculo musical e audivisual que combina a música de jazz interpretada en directo coa proxección de caricaturas do debuxante grovense, Gogue.
A parte musical corre da man do trío A Doce Vita, e Gogue aporta as caricaturas que a acompañan. O tema en común entre ambas artes é o cine, así que a interpretación jazzística de A Dolce Vita de bandas sonoras de famosas películas detódolos tempos, ilustrarase coa proxección de caricaturas dos actores que protagonizan eses films.
Un espectáculo orixinal que chega a Vilagarcía a través da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic.