|
Con esta charla-concerto, ábrese a programación deseñada pola Concellería de Cultura de Vilagarcía para conmemorar o día das Letras Gelrgas, este ano dedicadas a Xela Arias.
Clara Pino coñeceu a Xela Arias nos seus anos de universidade onde xestaron unha grande amizade. A dedicatoria das Letras Galegas 2021 a Xela foi a coartada perfecta para musicalizar algún dos seus poemas xunto con Pablo Vidal. Nesta homenaxe achegámonos á poeta dende a amizade, a súa obra e a musicalización dos seus poemas.