Observaciones |
|
|
A Coral Polifónica de Sobradelo cumple 25 anos de existencia. E celébrao cun concerto extraordinario nun marco extraordinario tamén: A igrexa conventual de Vista Alegre.
A coral vilagarciana, dirixida por Xesús Portas, interpretará un programa composto por “Adiuva nos Deus” de Martínez Posse, “Vinea mea electa” e “O Domine Iesu Christe” de G. P. da Palestrina e “Por que, Xesús, non choras” de J.S. Bach. A continuación o Coro Clásico de Vigo, baixo a dirección de Joaquín Carbajal e acompañado polo organista Fernando Sequeiros, interpretará “Pueri hebraeorum”, de T.L. de Victoria, “In monte Oliveti” de J.I. Prieto, “Velum templi scissum est” de Otaño, “Eli, Eli” de L. Bardos y “Requiem” de G. Fauré.
A actuación rematará coa actuación conxunta das dúas corais que interpretarán “Stabat Mater” de Zoltan Kodaly, “Popule meus” de T.L. de Victoria, “Ave verum Corpus” de Mozart e “Canticorum iubilo” de Haendel. |