_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | UN MUNDO DE MÚSICAS: Dúmbala Canalla
Programa
  | Un Mundo de Músicas
Fecha Inicio
  | 07/08/2009
Fecha Fin
  | 07/08/2009
Horario
  | 23:00
Lugar
  | Avda. de la Marina
Precio
  | Entrada libre e de balde
Observaciones
 
| Dúmbala Canalla é unha formación con moita base instrumental. E así se percibe nos seus directos, onde a instrumentación xoga coas letras, melodías e harmonías. A sonoridade do grupo combina todos os intereses musicais dos membros do mesmo. Por iso pódese notar jazz e música dos Balcáns, pasando entre gipsy, klezmer, swing e música tradicional catalá.
Un grupo de músicos, moita música e moitas maneiras de imaxinala. Dentro dun circo (de carpa alta), unha taberna (mellor pequena), un local (de calquera pobo), unha festa (maior, se pode ser) ou unha rúa (sen tráfico, se nos permiten). E tantas maneiras de saboreala.
Un belisco do leste, adornando pratos balcánicos cun chisco de klezmer e unhas pingas de bo viño. Se as tomas enseguida, sen repousar, ten sabor a prato cociñado con swing. Eles recomendan tomalas con alegría, escoitalas como soan, bailar, ou sentilas por dentro, como unha cunca de té. Un pracer.
Dúmbala Canalla creouse alá polo ano 1999. Entón aínda como grupo instrumental. Coa incorporación de Amanda e Mercè, e desde o seu primeiro disco editado en 2005 a voz comparte espazo coa música instrumental.
Con letras de diversos autores e poetas como Helena Casas, Carles Belda ou Enric Casasses. Letras próximas que falan da vida, da alegría, de sentimentos e do surrealismo cotiá, cantadas en catalán e inglés.
No verán de 2008, Dúmbala Canalla presentou o seu segundo disco actuando no Itinerari Folk de Trento (Italia), no festival de Rango (Italia) e na Expo de Zaragoza, entre outros sitios.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2009  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -