_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Espectáculo-homenaxe a Pepe Rubianes
Fecha Inicio
  | 02/09/2009
Fecha Fin
  | 02/09/2009
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Complejo Polideportivo Fontecarmoa
Precio
  | Gratuíto con invitación
Observaciones
 
| Carlos Latre, Manel Fuentes, Rafael Álvarez “El Brujo”, Carles Flaviá, Tricicle, Lucrecia, Juan Perro, Cómplices, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Mofa e Befa, Miguel de Lira, Kukas, Cándido Pazó, “Vilaxoán Canta” e Xoán de Vilaxoán, a vila mariñeira onde naceu Pepe Rubianes, conforman o elenco de artistas que encherán o escenario durante case tres horas. Ademais, hai amigos de Pepe Rubianes que non poderán estar fisicamente pero si o farán a través do vídeo, como Joan Manuel Serrat, entre outros.

Para a ocasión, o pavillón de Fontecarmoa converterase nun teatro con capacidade para preto de 1.600 persoas. A entrada será mediante invitación que deberá ser retirada entre o luns 31 de agosto e o mércores 2 de setembro, na propia Casa Consistorial (salón de plenos) con horario de 9,00 a 14,00 horas pola mañá e de 17,00 a 20,00 horas pola tarde. Cada persoa poderá retirar unicamente dúas entradas, que teñen carácter gratuíto.


José Rubianes Alegret (Pepe Rubianes) naceu en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) o 2 de setembro de 1947. Sendo moi novo trasladouse a Barcelona xunto coa súa familia. Alí desenvolveu a maior parte da súa vida e da súa carreira artística, pero nunca esqueceu as súas raíces. Como el mesmo adoitaba dicir, “son un actor galaico-catalán, porque nacín en Galicia pero non vivín alí case nunca e vivo en Cataluña, a pesar de que non nacín alí”. Pepe Rubianes ten numerosos familiares en Vilagarcía, polo que adoitaba facer algunhas visitas á súa vila natal, de cuxas festas foi pregoeiro en 1991.


   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2009  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -