Observaciones |
|
|
O actor Avelino González, o Miñato da serie "Padre Casares", o humorista Farruco e Manso e Amigos son os protagonistas da gala solidaria organizada pola Asociación Afasal con motivo do Día Mundial do Alzheimer. A actriz, Isabel Blanco, protagonista en series da TVG como "Mareas Vivas", será a presentadora do espectáculo.
Humor e música danse a man na Gala do Día Mundial do Alzheimer na que, ademais de pasar un bo rato, o público asistente optará a gañar un premio consistente nun curso teórico práctico para a obtención do carné de conducir a realizar na Autoescuela e centro de Formación Sálvora, de Vilagarcía, entidade colaboradora neste evento solidario. De xeito anónimo tamén colabora con Afasal unha empresa da vila que dona a placas coas que serán agasallados os artistas. Pola súa banda, e como é habitual nos actos organizados por Afasal, a gala conta coa colaboración das concellerías de Igualdade e Benestar Social e Cultura, que contribúen á causa coa disposición dos medios precisos para levar adiante o espectáculo. |