_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Ballet Nacional de Cuba: "Giselle"
Programa
  | Programación de outono do Concello e Caixanova
Fecha Inicio
  | 30/09/2009
Fecha Fin
  | 30/09/2009
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | 27 euros zona A, 24 zona B e 20 zona C
Venta
  | Anticipada en www.caixanova.es e no teléfono 902 504 500. O mesmo día do espectáculo na billeteira do Auditorio
Observaciones
 
| O Ballet Nacional de Cuba é unha das máis prestixiosas compañías de danza do mundo e ocupa un lugar prominente na cultura hispanoamericana contemporánea. O rigor artístico e técnico dos seus bailaríns e a amplitude e diversidade na concepción estética dos coreógrafos, outorgan a esta agrupación un lugar relevante entre as grandes institucións do seu xénero na escena internacional.
A Revolución en 1959, marcou o inicio dunha nova etapa para o ballet cubano. Ese ano, como parte dun novo programa cultural, reorganízase a compañía co nome de Ballet Nacional de Cuba, e tivo desde entón un auxe vertixinoso, enriquecendo o seu repertorio e promovendo o desenvolvemento de novos bailaríns, coreógrafos, profesores e doutros creadores noutros xéneros relacionados coa danza, como as artes plásticas e a música.
Ademais da súa intensa actividade en Cuba, onde logrou proxectar socialmente a súa arte a nivel popular, o Ballet Nacional de Cuba desenvolve anualmente un programa de xiras internacionais, que o leva a escenarios de diversos países de Europa, Asia e América.
O Ballet Nacional de Cuba é a máxima expresión da escola cubana de ballet, que sobre a base do legado cultural que brindan varios séculos de tradición na danza teatral, logrou unha fisonomía propia na cal esa herdanza se funde cos trazos esenciais da cultura nacional.

“Giselle”
Dentro do repertorio do Ballet Nacional de Cuba, “Giselle” posúe unha significativa importancia, non só no que se refire á súa propia historia, senón tamén porque foi con esta obra e con Alicia Alonso, a súa excepcional intérprete, cando Cuba transcendeu por primeira vez no ámbito internacional da danza.
O concepto da súa posta en escena elude certos indicios de mixtificación no que se teñen regodeado os ballets románticos, até onde o argumento e o estilo o permitiron.
A concisa narración, ligada ao deseño dos bailables e a súa situación dentro da obra, traza unha parábola entre os dous actos e logra unha manifesta homoxeneidade estilística, equilibrio dramático e coreográfico, uniformidade non alcanzada nas postas en escea deste ballet por parte doutras compañías, o que contribuíu a que a versión de “Giselle” do Ballet Nacional de Cuba fora procalamada como a máis lograda de cantas se atopan no repertorio internacional.

Alicia Alonso
Prima Ballerina Assoluta e Directora do Ballet Nacional de Cuba, é unha das personalidades máis relevantes na historia da danza e constitúe a figura cimeira do ballet clásico no ámbito iberoamericano.
Eminente personalidade da vida cultural, Alicia Alonso foi investida co grao de Doutora Honoris Causa pola Universidade da Habana, o Instituto Superior de Arte de Cuba, a Universidade Politécnica de Valencia, en España, e a Universidade de Guadalaxara, en México.
En 1998 foi distinguida coa Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes de Madrid; a República Francesa impúxolle a Orde das Artes e as Letras, no Grao de Comendador, e o Consello de Estado cubano condecorouna co título de Heroína Nacional do Traballo da República de Cuba.
No ano 2000 recibiu o Premio Benois da Danza, polas súas aportacións artísticas de toda unha vida, e foille conferida a Orde José Martí, máxima condecoración que outorga o Consello de Estado da República de Cuba.
Ficha artística
Coreografía: Alicia Alonso, sobre o orixinal de Jean Coralli e Jules Perrot.
Libreto: Théophile Gautier, Vernoy de Saint-Georges e Jean Coralli, inspirado nunha lenda popular xermánica recollida por Heinrich Heine.
Música: Adolphe Adam.
Deseños: Salvador Fernández.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2009  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -