|
O recinto feiral de Fexdega acolle unha nova edición da Vilagarcía Basket Cup. Baixo o lema “Será por pelotas…”, o evento acolle tamén a Basket Base e unha nova fórmula, a VBC Future Stars, de xeito que polas pistas de Fexdega pasarán máis de mil xogadores de todas as categorías base, dende os benxamíns ata os Sub-20.
O calendario da competición é o seguinte:
Xoves 1 de abril 11,30 horas: mega vizura - zalgiris kaunas. 17 horas: fmp zeleznic - dynamo moscu. 19 horas: mega vizura - dkv joventut.
Venres 2 de abril 11,30 horas: asefa estudiantes - dynamo moscu. 17 horas: dkv joventut - zalgiris kaunas. 19 horas: asefa estudiantes- fmp zeleznic.
Sábado 3 de abril 12 horas: 5º puesto - 6º puesto. 16 horas: 3º puesto - 4º puesto 18 horas: final triples. 18,30 horas: final mates. 19 horas: final.
As entradas e abonos pden ser adquiridos na tenda deportiva Motobazar e na web de Caixavova http://www.servinova.com . Os prezos son estos:
Ademais do torneo propiamente dito, haberá numerosas actividades paralelas: A Future-Stars, a Vilagarcía Basket Cup Base, stands institucionais con actividades, animación, información turística… A organización calcula que serán máis de dous mil os deportistas que participaran nesta VBC 2010. Para coñecer toda actualidade do evento, podes consultala en http://www.vilagarciabasketcup.es