_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | CONCERTO: Ciclo "Galegos Hoxe!"
Fecha Inicio
  | 26/04/2010
Fecha Fin
  | 26/04/2010
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrada libre e de balde
Observaciones
 
| O terceiro concerto do ciclo Galegos Hoxe! inclúe a estrea absoluta de dúas obras musicais compostas especialmente para este ciclo. Trátase da peza “Arde Lorenzo”, composta por Juan Carlos Martínez Fontana, e de “Inner sound and whispering”, de Javier María López. Neste concerto tamén terá lugar a estrea absoluta doutra peza, “Improntu”, da que é compositor Juan Lois Diéguez.

O recital estará adicado á trompeta e contará coa interpretación do solista deste instrumento da RealReal Filharmonía de Galicia, Javier Simón, quen estará acompañado ao piano por Javier Gutiérrez.

Os intérpretes

Javier Simó [trompeta]
Trompeta Solista da Real Filharmonía de Galicia e profesor da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Realizou os estudos no Conservatorio de Castelló, para finalizar o grao superior no Conservatorio de Valencia con L. Vidal, conseguindo o Premio Extraordinario Fin de Carreira por unanimidade. Ten impartido diversos cursos en Galicia, Asturias, Zamora, Castellón e Cataluña coa Jove Orquestra Nacional de Catalunya. Dende o curso 2009-10 forma parte do profesorado do Centro Superior de Música do País Vasco Musikene.

Javier Gutiérrez [piano]
De pais chilenos, naceu en Wáshington en 1977. Comezou os seus estudos no conservatorio da Universidade de Chile e na Meadows School Of Arts da Southern Methodist University de Dallas. Realizou estudos de postgrao na Royal Academy of Music en Londres e na Universidade Mozarteum de Salzburgo. Ten realizado concertos xunto á Orquestra Sinfónica de Chile. Dende o ano 2006 é profesor repertorista da Escola Superior de Música Raíña Sofia en Madrid, e dende o 2008 catedrático no conservatorio superior de Zaragoza.

Os compositores
Juan Carlos Martínez Fontana
Tras un inicio co seu propio pai, Bernardo Martínez Alonso, prosegue a súa formación musical de modo autodidacta. Dende 1978 ata a actualidade traballa con nenos pequenos e con estudantes. Dende 1981, adícase profesionalmente á composición musical. Ten recibido encargos do C.D.M.C. do I.N.A.E.M., do Festival de Alicante, da cidade de Xenebra, das I Xornadas Internacionais de Arpa, da Xunta de Galicia... Nos últimos tempos compón a música para os espectáculos teatrais «Negro é negro» (Matarile Teatro) e «Kinuta» (Theater Asou, Graz, Austria).

Javier María López
Comezou os seus estudos de música na súa cidade natal, Lugo, onde obtivo o Grao Superior na especialidade de Frauta Traveseira. Na súa formación como compositor, amen da súa preparación autodidacta, asiste a cursos de música contemporánea con compositores como T. Murail, P. Hurel, F. Hass, C. Camarero ou A. Posadas. Tamén no eido compositivo, o seu catálogo abrangue diferentes obras para formacións de cámara ou orquestra. No ano 2005 obtivo o premio de Composición Constantino. Dende o ano 1995 é profesor titular de Música no Ensino Secundario. Do mesmo xeito, dende o 2003 é profesor titular de Historia da Música no Conservatorio.

O programa
Ademais das obras de Martínez Fontana e Javier Mmaría López, e da estrea absoluta da peza de Juan Lois Diéguez, o programa deste concerto complétase con obras de Sofía Gubaidulina, Eugènne Bozza, Jesús González, Alexandre Goedicke e Franz Schubert.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2010  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -