|
O recinto exterior de Fexdega volve a reunir ao mellor do panorama indie durante dous días e con prezos de 25 e 35 euros, en taquilla, segundo sexa para unha ou dúas xornadas. Los Planetas, Nada Sur, Fanfarlo, Pete & The Pirates, JJ, El Guincho, We Are Estándar, Dorian, La Bien Querida, Nodozurdo, Klaus & Kinski, Los Punsetes, Hola a todo el mundo, Emilio José, Carrero Bianco, Munich, DJ Polar, Dj Lagartija, Dj Poti e Clovis Dj’s conforman o plantel desta nova edición do Festival do Norte. Nesta ocasión hai tres escenarios: Estrella Galicia, Caixanova e FDN Dance Club. As actuacións comenzan ás 18,00 horas no escenario Caixanova e conclúen pasadas as tres da madrugada no FDN Dance Club.
Na páxina oficial do evento http://www.festivaldonorte.com podes atopar toda a información relativa aos músicos que participan así como resposta ás principais preguntas que te poden xurdir, como acampar ou desprazarte.