Observaciones |
|
|
A polifonía das rapazas de Faltriqueira devólvelle a xuventude á herdanza musical galega, á das pandereiteiras das vilas, que en moitos casos ficaban no silencio. Teresa, Carolina, María e Ana van acompañadas do acordeón de Jorge Juncal, as percusións de Roi Adro e as cordas do “Faltriqueiro Maior”, Pascal Gaigne. Faltriqueira leva percorridos numerosos escenarios dentro e fóra de Galicia, como os de Namibia, Bermudas, San Marino, Portugal, Barcelona, ou xa na casa, os do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.
Treixadura é o xeito máis sobranceiro de vivir a melodía da gaita e o canto galego masculino. Quince grandes músicos compoñen as dúas seccións da banda: Treixadura Gaiteiros e Orfeón Treixadura, que teñen interpretado alboradas, alalás, muiñeiras ou foliadas. |