|
A actriz Mabel Rivera revive os últimos pasos da vida artística de María Callas na obra 'Master Class', na que encarna á mítica cantante grega durante a súa etapa na que impartiu as clases maxistrais na archifamosa academia neoyorkina Juilliard.Clases que serven de pretexto para mostrar nesta obra esas dúas caras da mesma moeda que eran a Callas íntima e o personaxe público. 'Master Class' é unha nova adaptación da soada obra que o norteamericano Terrence McNally levou a Broadway fai 15 anos, dirixida nesta ocasión por Xosé Manuel Rabón, e traducida ao galego pola propia Mabel Rivera, que recuperou o texto a principios de 2007.