_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Concerto de León Gieco
Programa
  | As Noites da Xunqueira
Fecha Inicio
  | 12/07/2010
Fecha Fin
  | 12/07/2010
Horario
  | 22:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Gratuíto
Observaciones
 
| O cantautor arxentino León Gieco ten, entre outros moitos haberes, o de ser o compositor da canción “Sólo le pido a Dios”, versionada por infinidade de intérpretes en todo o mundo, entre eles, en España por Ana Belén.

León Gieco é, sen dúbida, un dos referentes latinoamericanos da música contemporánea. O escenario da Xunqueira brillará coa presenza deste cantautor popular arxentino que denuncia inxustizas sociais a través das súas cancións. “Antes que músico son persoa”.

Gieco caracterízase por mesturar a música tradicional e popular co rock arxentino e polas connotacións sociais e políticas das súas cancións, a favor dos dereitos humanos e a solidariedade cos marxinados.

No seu espectáculo “Íntimo-interactivo” León Gieco convértese no fío condutor dunha historia a contar. Durante o concerto fai un percorrido musical que repasa o últimos corenta anos, onde tamén se mesturan a súa historia persoal e profesional, coa poesía, os rostros, as cancións, a sociedade e a política arxentina.

No concerto tamén hai lugar para as homenaxes. Os protagonistas son as grandes figuras da música popular arxentina e latinoamericana, como Víctor Jara, Violeta Parra ou Atahualpa Yupanqui, aos que León Gieco dedica unha canción para que sexan traídos á memoria.

Ao longo da súa carreira, ten compartido escenario e gravado colaboracións con artistas da talla de Sting, Peter Gabriel, Davis Byrne, Joan Baez, Chico Buarque, Joan Manuel Serrat, Pablo Milanés, entre outros. Como curiosidade, o pasado 21 de xaneiro deste mesmo ano Gieco actuou como teloneiro da banda estadounidense Metallica no seu concerto no estadio do River Plate en Buenos Aires.

O concerto plantéxase tamén como unha homenaxe de Vilagarcía á República Arxentina no seu bicentenario. É por iso que dende o concello cursarase unha invitación oficial ao consul do país latinoamericano para que asista ao evento.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2010  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -