_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Festa das Revenidas 2010
Fecha Inicio
  | 17/07/2010
Fecha Fin
  | 17/07/2010
Horario
  | 12:00
Lugar
  | Vilaxoán
Precio
  | Segundo o producto. Actuacións gratuítas
Web
  | www.revenidas.com
Observaciones
 
| Maxia, música, animación, sardiñas e bebidas varias. Esta é a receita coa que Vilaxoán celebra as súas Revenidas, unha cita ineludible para os que o queiran pasar ben. Será este sábado, dende as 12 da mañá e ata que o corpo aguante. O lugar, o parque de dona Concha e a esplanada do porto pesqueiro.

Organizada, como dende hai seis anos, pola asociación A Repichoca, as Revenidas son un referente da boa gastronomía e a música alternativa. Dende as 12 da mañá haberá actividades de animación de rúa, este ano cunha clara aposta pola maxia: Alas Circo Teatro, Pablo Trasno, Peter Punk e Maxia de Cerca serán os encargados de meter a todo o mundo en danza, o mesmo que a música tradicional de Os Xirifeiros e Os Terribles de Arousa e a contundente animación de Bloquinho Aperta.

A venda de sardiñas e viandas realizarase ás 12,00 e ás 20,00 horas. Despois, polo escenario das Revenidas 2010 pasarán grupos e solistas que non deixarán a ninguén indiferente, dende os franceses Funky Style Brass aos cataláns La Pegatina, pasando polos galegos Leo i Arremecághona e A Tuna Rastafari, para concluír coa presentación pública do Combo Mariñeiro de Vilaxoán, nacido da man da Central Folque e o programa Arousa XXI que promove o Concello.

Para saber máis: http://www.revenidas.com
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2010  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -