Observaciones |
|
|
Amen Gospel Choir é un dos grupos máis versátiles no campo da música gospel. O seu repertorio inclúe desde gospel tradicional ata gospel contemporáneo, pasando polo negro espiritual e os himnos.
Orixinarios de Mississippi teñen actuado nas salas máis prestixiosas dos Estados Unidos, como o Carnegie Hall de Manhattan, o Apollo Theater, en pleno corazón do Harlem; o Superdome de Los Angeles; ou o Lincoln Center, tamén na cidade de Nueva York. Ao longo do seus 16 anos de traxectoria Amen Gospel Choir é unha formación que destacou pola súa interpretación de temas vocais.
O seu director é David Curry, tamén de Mississippi. Curry ten participado nas formacións Unity, The Revelations, Epiphany e Last Appeal, e tocou piano e teclados no Linden Ensemble for Christ, cos que foi galardoado cun Grammy.
En 1989 gañou o McDonald’s Tri-State Gospel Fest e o Gospel Academy Award na categoría de Grupo do Ano.
David Curry é ademais cofundador e director musical desde 1988 dunha das lendas do gospel tradicional, a formación Mississippi Mass Choir. |