_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | ÓPERA: "Cavalleria Rusticana" e " La vida breve"
Programa
  | Convenio Cultural Concello-Caixanova
Fecha Inicio
  | 27/10/2010
Fecha Fin
  | 27/10/2010
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Zona A: 20 Zona B: 18 Zona C: 16
Venta
  | A partir do 20 de setembro en www.caixanova.es 902 504 500
Observaciones
 
| A Orquesta Sinfónica de Pleven, baixo a dirección musical de Martin Mázik, traen a Vilagarcía dúas aclamadas obras operísticas, "Cavallería Rusticana" e "La vida breve".

"Cavalleria rusticana" é unha ópera do compositor Pietro Mascagni cuxa función inaugural foi o 17 de maio de 1890 no Teatro Costanzi de Roma. O libreto foi escrito por Giovanni Targioni-Tozzetti e Guiudo Menasci e está baseado nun relato do novelista Giovanni Verga.

A ópera, que transcorre nunha vila de Sicilia durante o día de Pascua, a finais do século XIX, é a primeira e a única obra de renome composta por Pietro Mascagni, descansando nela practicamente toda a súa vixencia e fama. O seu clamoroso e explosivo éxito constituíu un episodio que marca o fito na historia da ópera, xa que Pietro Mascagni obtivo 60 ovacións ao finalizar a representación.

Ese éxito debeuse á ambientación sureña da historia, á histriónica interpretación de Eleonora Duse, a lexendaria actriz e compañeira durante algúns anos de D'Annunzio, e tamén á novidade do asunto que trata, ambientado en Sicilia e centrado nunha historia de ciumes que culmina nun duelo mortal. Masagni leva a un punto moi alto a corrente do “verismo”, que pretendía levar a escena con descarnada crueza feitos cotiáns da vida real.

Está escrita baixo os patróns do naturalismo francés, con moitos elementos de violencia, chegando a salvaxe crueza na morte de Turiddu, o personaxe principal. Os liberalistas de Mascagni atenuaron en parte o carácter violento e mesmo grotesco deste e dos demais personaxes, facendo que o duelo a coitelos co que culmina a ópera, teña lugar fóra de escena.

Por outra banda, "La vida breve", de Manuel de Falla, é unha ópera en dous actos sobre un libreto de Carlos Fernández-Shaw. É unha obra poderosa e espontánea que rebosa paixón, diferentes ambientes e a intensidade de Andalucía. A acción céntrase en Salud, mentres os outros personaxes serven para acentuar a transición da protagonista do optimismo xuvenil á traizón e a morte.

Falla compuxo "La vida breve" en 1905 para un concurso da Real Academia de Bellas Artes de Madrid, mentres se preparaba tamén para unha competencia de piano. Obtivo o primeiro premio en ambos os dous certames.

O autor non puido atopar teatro no seu país para presentar a obra, de modo que a première realizouse en Francia en 1913 e o 30 de decembro do mesmo ano estreouse con soado éxito no Teatro Nacional da Ópera-Comique de París. A Madrid chegou o 14 de novembro de 1914.

Musicalmente, defínese como unha obra xuvenil de Falla, que conserva aínda algunhas influencias do impresionismo e romanticismo tardío, aínda que se perciben xa as características propias que desenvolvería máis adiante. O autor busca a claridade a través da economía de medios. Os coros, danzas e interludios musicais son as pezas máis logradas da obra.

O libreto, baseado nun poema de Fernández Shaw, foi convertido polo mesmo autor a petición do compositor. Móstrase máis ben como unha descrición do medio e o seu sentir que coma un drama no sentido usual. O personaxe principal, Salud, recréase con moito cariño, e en España é ela, e non Carmen, que se considera a imaxe da muller española.

"La vida breve" é unha parábola dramática sobre os tráxicos apuros da vida, expresados a través da sublime beleza da música de Falla. Neste marco de traxedia sempre está presente un forte sentido de vitalidade, que evoca o esplendor do amor e a vida apaixonados, e os expresa a través do canto e a danza, co inevitable contraste da febleza humana. Sobre todo, Falla revélanos a innegable vivacidade da vida andaluza, espectacularmente pintada coas brillantes cores da imaxinación española.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2010  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -