_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Festival "Son de Lúas"
Fecha Inicio
  | 15/10/2010
Fecha Fin
  | 16/10/2010
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Entrada libre
Observaciones
 
| O festival folclórico de Cosquín (Arxentina), considerado como o máis importante de Latinoamérica, terá este ano por vez primeira na súa historia unha sede en Galicia. Será en Vilagarcía de Arousa, os días 15 e 16 de outubro. A capital arousana súmase deste xeito ás celebracións da 50 edición deste festival e, por extensión, á conmemoración do bicentenario da Revolución arxentina.

Vilagarcía convértese deste xeito na segunda cidade española –ademais de Cádiz en acoller unha extensión deste importante evento que, na súa última edición, celebrada en Cosquín en xaneiro deste ano, chegou a reunir a máis dun millón de persoas.

O festival de Cosquín en Vilagarcía, rebautizado para a ocasión como “Son de Lúas” –as lúas son os elementos que identifica ao evento en Arxentina celebrarase no Auditorio da cidade os vindeiros días 15 e 16 de outubro.

A entrada en ambas xornadas será gratuíta e as actuacións darán comezo ás 21 horas.

A xornada do venres 15 terá como protagonista ao charanguista –ou charanguero como a el lle gusta definirse Jaime Torres, indiscutible figura da música tradicional arxentina dende os anos 60. Tamén subirán ao escenario ese día o dúo formado polo gaitero Daniel Bellón e o acordeonista Diego Maceiras.

A xornada musical do sábado 16 dará comezo cunha actuación do pianista Juan Carlos Cambas. Tras el subirán ao escenario o grupo vocal femenino Aymamá, a quenista Mariana Cayón e a cantante Paola Bernal.

Paralelamente á celebración do festival no hall do auditorio poderase disfrutar dunha exposición do pintor padronés Carlos Bóveda, quen pintou Galicia desde o seu exilio en Buenos Aires.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2010  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -