Observaciones |
|
|
Este Congreso organizado pola Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (Fejar) e a Asociación Gallega de Jugadores Anónimos (Agaja), coa colaboración do Concello de Vilagarcía, constará de diferentes poñencias e charlas informativas que terán coma tema central o xogo patolóxico e outras adiccións, así coma as formas de tratamento e prevención destas doenzas.
O Congreso, que ten como lema “Elixe a cor da túa vida”, conta coa participación dos principais expertos e terapeutas do estado español relacionados coas adiccións non tóxicas. As charlas comezarán en Vilagarcía os días 28 e 29, e continuará os días 30 e 31 no hotel Scala de Padrón.
Nesta xornada celebrarase o acto do Día Nacional sen Xogos de Azar que dará comezo ás 12.00 horas, coa asistencia das autoridades locais e os directivos das entidades organizadoras. O presidente de Fejar, acompañado polos presidentes de asociacións de todo o estado dará lectura ao manifesto oficial con motivo da xornada. Un manifesto que incidirá na labor de prevención sobre este tipo de adiccións e o papel que nesa labor poden xogar as administracións, os axentes sociais e os medios de comunicación. |