_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | TEATRO: "Maté a un tipo"
Programa
  | Ciclo de Outono de Teatro
Fecha Inicio
  | 12/11/2010
Fecha Fin
  | 12/11/2010
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | Zona A: 5 Zona B: 4 Zona C: 3
Venta
  | A partir do 20 de setembro en www.caixanova.es 902 504 500
Observaciones
 
| O Ciclo de Outono de Teatro de Vilagarcía prosegue o vindeiro venres, 12 de novembro, coa posta en escea no Auditorio da obra “Maté a un tipo”, da compañía Bambalinas asesinas.

Bambalinas asesinas é o novo proxecto teatral posto en marcha por Serxio Pazos e o que fora o seu compañeiro en “Caiga Quien Caiga” Tonino. A súa primeira obra é “Maté a un tipo”, un texto de Daniel Dalmaroni, dirixido por Juan Codina e interpretado polos propios Serxio Pazos e Tonino aos que se engaden as actrices Aisha Wizuete e Anaís Yebra.

¿Quén non sentiu verdadeiros desexos de matar ao tipo que se demora horas diante de nós no caixeiro automático? ¿Encubrirías á túa parella ou ao teu pai se che confesara que se convertiron de repente nun atípico asasino en serie? Son algunhas das preguntas que plantexan Serxio Pazos e Tonino á hora de presentar esta montaxe.

“Maté a un tipo" é unha comedia negra que se convirte en drama surrealista ata que un psicólogo empeza a afondar nas relacións desta familia de clase media donde o hábito de matar acaba por convertirse nun auténtico vicio.
 
Sobre un escenario case espido, catro personaxes cos que calquera podería sentirse identificado haberán de encubrir un crime fortuíto de insospeitado desenlace e cun estraño transfondo sentimental.
Así, sen mostrar un chisco de intención moralizante, “Maté a un tipo” relata de que modo tan absurdo pode vir abaixo unha aparente -e máis que típica- estabilidade familiar.
 
Matar por vicio

A obra comeza co asasinato cometido por Ernesto (Serxio Pazos) nun caixeiro automático, porque a vítima cóase na fila para sacar diñeiro. Ernesto, arrepentido e sen saber que puido pasarlle pola cabeza nese momento, decide contarllo á súa muller. A súa esposa e a súa filla convértense entón en cómplices do seu asasinato. “A partir de aí, a relación familiar normalízase en torno ao asasinato e é común que eu apareza en casa dicindo que matei a alguén”, explica Serxio Pazos.
Tonino será o encargado de descubrir que sucede na familia de Ernesto, encarnando a un psicólogo chamado Frikman. Intentará descubrir por que o hábito de matar do protagonista acaba converténdose nun auténtico vicio, dado que o protagonista acaba por asasinar a 33 persoas.

   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2010  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -