_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Mercadillo en favor da Sociedade Protecota de Animais
Fecha Inicio
  | 17/04/2011
Fecha Fin
  | 17/04/2011
Horario
  | 10:00
Lugar
  | Praza da Peixería
Observaciones
 
| A Sociedade Protectora de Animais de Vilagarcía organiza durante a xornada do domingo unha nova edición do seu mercadiño benéfico para recadar fondos cos que contribuír a sufragar os gastos do albergue de animais de Pinar do Rei, que actualmente acolle a 150 cans. A entidade porá á venta artigos novos e de segunda man doados por particulares e empresas e tamén agradece donativos materiais, principalmente en alimento para os cans, así como productos de limpeza (vasoiras, guantes, cepillos...).

O mercadiño desenvolverase na Praza da Peixería en horario ininterrompido dende ás dez da mañá e as nove da noite do domingo. Ademais da zona de exposición dos artigos doados que se porán á venta (e nos que se poden atopar dende libros, a CDs musicais, xoguetes, peluches ou elementos de decoración, entre outras cousas), a Protectora instalará unha mesa informativa na que os asistentes poderán colaborar coa entidade de diverso xeito. Poderán facerse socios da Sociedade, mercar algúns dos seus produtos de merchandising (camisetas e bolsas ecolóxicas para facer a compra), e mesmo facer donativos en metálico ou , como se dicía antes, materiais. Neste ultimo caso, a entidade precisa especialmente pienso para alimentar aos cans.

Ademais, a Protectora habilitará un punto informativo dotado cun ordenador portátil no que os asistentes poderán ver as fotografías dos cans acollidos na actualidade no refuxio de Pinar do Rei, a efectos de que se animen a adoptar algún. Entre os 170 animais que a Protectora está a coidar nas instalacións municipais hai cans de todas as idades (dende cachorriños ata adultos), de diverso tamaño e tamén de varias razas, destacando neste punto os cans de caza e os palleiros ou mestizos.

   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2011  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -