|
As mellores tripulacións masculinas e femininas de Galicia disputan nas augas de Vilaxoán a última regata da Liga Galega. Ao final se entregará non só a Bandeira de Vilagarcía senón a Bandeira Xunta de Galicia ao campión da Liga Galega. Paralelamente, o Club de Remo de Vilaxoán, en colaboración co Concello, organizará diversas actividades de animación, incluída unha feira mariñeira e unha Festa do Mexillón para recadar fondos para o Club vilaxoanés.