_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | TEATRO: Último Cowboy
Programa
  | Rede Galega de Teatros e Auditorios (AGADIC)
Fecha Inicio
  | 14/04/2012
Fecha Fin
  | 14/04/2012
Horario
  | 21:00
Lugar
  | Auditorio
Precio
  | 5 euros (Zona A) e 4 euros (Zonas B e C)
Venta
  | Anticipada en www.servinova.es e no tlfn: 902 504 500. O día da función, a partir das 19:00 horas no Auditorio.
Observaciones
 
| Miguel Pernas e Luma Gómez son a parella de actores que interpretan "Último Cowboy", un espectáculo producido pola compañía Teatro do Noroeste.

"Último Cowboy" é un texto sobre a crise que nos desfonda economicamente, sobre os bancos que nos chuchan os cartos, sobre Europa e a súa improbable construción, tamén sobre a soidade do individuo neste mundo globalizado e sobre os valores que nos inculcaron os nosos maiores e que agora xa non teñen vixencia.

En “Último cowboy” enfróntanse dúas Europas, a Vella e a do Este, expoñéndose con precisión as importantes diferenzas que as separan pero constatando que terán que aliarse en harmónica conxunción se queren manterse á altura do “amigo americano”.

“Último cowboy” é tamén unha comedia aceda sobre as relacións familiares. A absoluta posta en cuestión da familia como célula fundamental do noso instinto social. Se a familia é a unidade unicelular da nosa sociedade, non se pode agardar moito dun corpo composto por células canceríxenas.

Pero, sobre todo, “Último cowboy” é un texto teatral de personaxes ou, dito doutro xeito, de actores. As dúas personaxes que nel aparecen, amais dos varios que sen aparecer fisicamente, están; constitúen a esencia mesma da propia proposta. Soamente xente singular pode aportar singulares visións e, do mesmo xeito, só personaxes singulares poden expresar con rotundidade e contundencia a singularidade desta caótica deriva da nosa sociedade. En definitiva, “Último cowboy” tenta ser un espectáculo en clave de comedia aceda sobre a nosa realidade máis complexa e inmediata.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2012  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -