_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FESTAS DE SAN ROQUE 20. Axenda do día
Programa
  | San Roque 2020
Fecha Inicio
  | 20/08/2020
Fecha Fin
  | 20/08/2020
Horario
  | 07:00
Observaciones
 
| XOVES 20 AGOSTO

11:30 – Praza da II República
Festaclown – Superroquiños
Espectáculo: Cartoons
Compañía: Mofa e Befa
Dous tipos (Víctor Mosqueira e o vilagarcián Josito Porto) abandonados nas marxes. Pode ser na marxe do mar, morando nunha pequena e coqueta illa. O que se chama vulgarmente náufragos, robinsons. Persoas que perderon pé e teñen que aprender a facelo todo de novo, dende a cunca na que beber até o smoking que necesitan para acudir a unha gala.

Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartón, esa materia valiosísima que, inexplicablemente, nos tiramos ao lixo diariamente.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

13:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Os Trasnos de Guillán.

19:30 – Praza da II República
Festaclown - 1ª Sesión
Espectáculo: O Parrulo Feo
Compañía: N +1
Ser diferente aos demais non debe avergoñar a ninguén, o importante é como xestionar esas diferenzas para afrontar o futuro. O PARRULO FEO, torpe e caótico, amosa mediante as técnicas do slapstik (golpes, caídas, acrobacia excéntrica...), a manipulación de obxectos e a acrobacia aérea, un personaxe con grandes dificultades para facer o que se espera del. No desenvolvemento da peza navegará xunto cos espectadores por un mar de emocións soltando amarras onde as súas debilidades se transforman nas súas fortalezas.

Non importa nacer nun curral de patos sempre que atopes un camiño para que o cisne saia á luz.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

20:30 - Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Garandoiro

21:00 – Praza de Galicia
Concertos Son da Casa
Sanjurjo & Dopico
Martín Sanjurjo (Saraibas, Balakandra) e Manolo Dopico (A Roda, Leixaprén, Balakandra), dous músicos cun longo percorrido na música galega, unen forzas neste novo proxecto no que fan un percorrido polos cantares dos seus anteriores grupos e outros que forman parte da historia da música galega (Batallán, Manuel María...). Ademais, no seu repertorio inclúen novas creacións e algunha que outra versión de artistas internacionais como Solas, The Bills ou Jorge Cafrune. Estes dous veteranos da música galega virán acompañados pola voz, acordeón e teclado do vilaxoanés Álvaro Cardalda.
Sen reserva previa ata completar aforo

22:00 – Bamio
Cine na rúa
Shazam
Bolly Batson, un astuto novo de 14 anos, transfórmase no superheroe Shazam, pero os seus poderes son postos a proba cando se enfronta ao mal
Duración: 132 min. Xénero: Comedia

22:00 – Praza da II República
Festaclown - 2ª Sesión
Espectáculo: O Parrulo Feo
Compañía: N+1
+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

23:30 – Parque da Xunqueira
CONCERTO
Brisa Fenoy

Si falamos de Brisa Fenoy, estamos falando de composicións comprometidas, producións arriscadas e unha voz moi persoal. Compositora do hit “Lo malo” e colaboradora de Operación Triunfo. Leva anos compaxinando o estudo de instrumentos tradicionais como a guitarra e o piano, cos sistemas de produción musical máis innovadores, como o seu inseparable “maschine”. A música urbana invade Vilagarcía.

Con reserva previa en http://www.woutick.es
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2020  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -