Observaciones |
|
|
A irmandade entre Galicia e Latinoamérica volverá quedar presente en Vilagarcía a través da música grazas ao concerto que ofrecerán no Salón García a cantante Rosa Leiro e o pianista Juan Carlos Cambas.
Con este espectáculo, o dúo presentará o CD “Camiño Aberto”, un traballo que reúne grandes temas da canción popular de ámbolos dous lados do Atlántico e no que colaboran artistas galegos -como Uxía, Cristian Silva e o Coro Liceo Vilagarcía- e arxentinos -como Julia Zenko, León Gieco ou o Coro UTN de Villa María, entre outros-. |