Observaciones |
|
|
A Feira de Lecer e Rebaixas de Vilagarcía, Expoferta Zonaberta, chega á súa terceira edición cun cambio substancial tanto na imaxe promocional do salón como na que ofrecerá a zona de exposición.
Ademais dos tradicionais sectores de téxtil, calzado ou fogar, a feira de rebaixas que terá lugar do 22 ao 26 de agosto, ofrecerá produtos de óptica, librería, decoración, animais, artigos de pel e, ata, este ano, por primeira vez, mobles de cociña. En total, son preto de medio centenar de expositores, todos eles comerciantes de Vilagarcía, os que se darán cita.
No que a servizos se refire tamén se ofrecerán novidades pouco habituais neste tipo de mostras, xa que a feira incluirá peluquería e unha zona de recreo infantil que, nesta ocasión, prevé ofrecer novos xogos máis atractivos para os pequenos.
O horario de Expoferta Zonaberta é de 18.00 a 23.00 horas a diario, mentres que os fins de semana será de 11.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.
|