_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | MusicOndeStreet - "High Sierras" e "Tumbling Dice"
Programa
  | Verán Vilagarcía
Fecha Inicio
  | 17/08/2007
Fecha Fin
  | 17/08/2007
Horario
  | 22:30
Lugar
  | Puerto Deportivo
Precio
  | Gratuíto
Observaciones
 
| Concerto previsto para a praza lateral do auditorio, no paseo de Elpidio Villaverde, en dirección ó porto deportivo.

Os High Serras fórmanse na caótica cidade de Vigo no verán do 2001. Os compoñentes da banda son vellos coñecidos da minoritaria e marxinada escena underground local. Contan coa experiencia de formar bandas como Merry Melodies, Foggy Mental Breakdown ou Doutor Five entre outras.

O nome da banda está tomado do clásico de Raoul Walsh “High Sierra”, protagonizado por Humphrey Bogart e Ida Lupino, e estreada en España co título de “O último refuxio”. Toda unha declaración de principios para a banda, e unha temática que marcará gran parte das cancións dos “Sierritas”: Rifles, fuxidos, perdedores e vinganza... a eterna loita entre o imposto e a rebeldía. “Fai o que queiras e colle o que poidas”. A base musical que arroupa tan substanciosa temática non é outra que a billonésima reencarnación do rock´n´roll en estado puro.

“Tumbling Dice” naceron en Vilagarcía en 1996 cunha convicción: gozar da música. Da súa música, o rock & roll. Unha música con identidade propia que empapa os seus concertos e que se foi curtindo a base de directo, ensaio e moito, moito talento. A principios do 2002 gravaron e auto-editaron un novo cd con dez temas propios, outra vez cos seus propios recursos, que é unha auténtica marabilla: unha banda que toca R&R do bo, reggae, temas lentos ao piano e ata se atreve coa bossa nova.
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2007  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -