_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | Concerto de Gogol Bordello + Lamatumbá + Festicultores
Programa
  | Verán Vilagarcía - San Roque 08
Fecha Inicio
  | 14/08/2008
Fecha Fin
  | 14/08/2008
Horario
  | 22:00
Lugar
  | Recinto Ferial Fexdega
Precio
  | 12 euros (anticipada), 15 euros (en taquilla)
Venta
  | www.servinova.es ou Discos Froiz (Centro Comercial Arousa)
Observaciones
 
| Das catacumbas do underground neoiorquino, do que foron unha das súas grandes atraccións nos últimos anos, á portada das máis populares revistas de tendencias. Das actuacións en clubs minúsculos a gozar do status de celebridade de moda e artista do momento. Este é o camiño cheo de xiros inesperados e meandros imposibles que percorreu Eugene Hutz, un ucraniano de orixe xitana que abandonou a súa Kiev natal xunto á súa familia nos días posteriores ao desastre nuclear de Chernobyl e que pasou sete anos nun campo de refuxiados antes de atopar porto de acollida en Nova Iork.
Na Gran Mazá acabou compartindo a súa afección polo punk-rock con rusos, israelís, serbios e compatriotas ucranianos ata formar un colorido circo que responde ao nome de Gogol Bordello e que respira ao ritmo que marca a música xitana da vertente ucraniana dos Cárpatos, o dub, o ska, os aires cinematográficos do spaghetti-western e, chegado o caso, ata a rumba ou a tradicional tarantella italiana.

Se o escoitas, convérteste en fan ipso facto, iso e o que lle ocorreu a unha das súas máis ilustres admiradoras, a mismísima Madonna, que caeu rendida os pes deste cíngaro de gran mostacho e extravagantes vestimentas e escolleuno como protagonista do seu debut como directora de cine titulado “Filth and wisdom”.

Ten actuado nos mellores festivais do mundo (Reeding, Glastonbury, Alive Lisboa…). O pasado ano a prestixiosa revista Rolling Stone cualificou o directo de Gogol Bordello coma un dos 20 mellores directos do mundo.

A de Vilagarcía será unha das tres únicas actuacións que fai en España e a única de Galicia.

LAMATUMBÁ:

Hai dez anos, en marzo de 1998, un grupo de amigos xuntaron as súas inquedanzas nunha bodega de Moreiras . Desta xuntanza naceu LAMATUMBÁ. Pronto comezaron a pasearse polos torreiros de Galicia ofrecendo unha mestura de ritmos de aquí e de alá que non deixaba que os pés quedaran no sitio. O mesmo caía unha cumbia que un reggae, un ska que un pasodobre, e todo mesturado cunha premisa fundamental: a festa e o poder denunciar cousas, pero sen perder o sorriso.
Hoxe Lamatumbá, é un dos principais expoñentes da música galega que leva polo mundo adiante a verbena do século XXI coa festa como única bandeira.

Señoras, señores, agarren parella que soltan á orquestra… Todo mundo a bailar!!!

FESTICULTORES:

Festicultores, os rumaníacos das grandes festas, os parrandeiros máis lexendarios das romarías nos últimos anos en Galicia, son os combatentes do EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas. Recrutando o peor de cada casa, os festeiros máis guerrilleiros do país toman as rúas e os escenarios, e fanse fortes cos seus ritmos balcánicos para dar batalla bailonga. Sen tregua. Festa a matar, ata a mañá, sempre!!!. Os Festicultores veñen con armas de festa masiva. Prepárense para a guerra da pachanga!
   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2008  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -