|
Marta Quintana estudiou no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Foi membro do Orfeón Terranosa e de Camerata ad Libitum. Tamén foi compoñente do dúo Sete Saias, co que chegou a actuar no festival de Ortigueira. Formouse con Rodrigo Romaní na Aula de Arpa do Departamento de Música Tradicional e Folk da EMAO de Vigo.
No seu concerto de Vilagarcía presenta o seu novo proxecto como cantante, instrumentista, compositora e arranxista. Un proxecto que sigue basándose na música tradicional pero con aires renovados. Coa arpa e a voz como elementos primoridais pero experimentando con novos instrumentos, ritmos e melodías.